Estamos en crise programa 63: "Rockabilly en Venres 13"
13/02/09
Esta noite, de unha a tres da madrugada, volve Estamos en crise. Na noite de venres 13 celebraremos a noite rockabilly, tupé, gomina e botas de punta... con serras electricas... IMos dar máis medo que Rodolfo Chiquilicuatre.
Para celebrar a noite, virán ao programa Lou Reyes y Los Astros, un dos grupos rockabillys máis míticos. Ademais, tamén falaremos coa actriz, presentadora e cantante... Teté Delgado. Outra rockabilly en potencia que está a formar un novo grupo que aínda non ten nome. Se aceptan propostas.
Ademais, no primeiro día de campaña electoral. (iso si que mete medo e non o venres 13) LEvaremos a Anxo Quintana ao Clube da Comedia, entrevistaremos a Touriño dentro das entrevistas de promesas electorais... e saberemos como é o contrato que asinou Feijoo con Galicia.
E por se isto fose pouco, hoxe nova sección. Rachar por rachar. Para facerlle a competencia ao HAblar por Hablar.
E non nos esquecemos do San Valentín. A señora de la Vega, con motivo dese día, falará daquel ruxeruxe que a arrexuntaba coa xornalista Maria Escario.
Estamos en crise. Podémolo facer mellor, pero para que intentalo!
viernes, 13 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario