martes, 10 de marzo de 2009

Entrevista a Berto Romero (Buenafuente)

Amigos... problemas técnicos alleos ao programa... pero cercanos ao guionista en prácticas e demais xente de bo vivir e mal traballar que pululan polo Estamos en crise, aquí adxuntamos un enlace onde podedes escoitar a entrevista ao cómico Berto Romero, colaborador de Buenafuente e que estivo por Galicia co Terrat Pack e co seu espectáculo en solitario. Desculpade as molestias.

Estamos en crise. Podémolo facer mellor, pero para que intentalo!

http://www.zshare.net/audio/56826478f71c6992/

martes, 3 de marzo de 2009

Recomendacións do ministro Sebastián

Hai unhas semanas, o ministro de Industria, Miguel Sebastián, dicía que se os españois invertísemos uns 150 euros ao ano (dos que gastamos, non a maiores) en produtos españois... habería menos crise. Ímolo escoitar.


Discover !


E logo Zapatero di isto sobre o turismo en Rusia. Non hai quen se aclare.

jueves, 26 de febrero de 2009

El Zapatero Infiel

O presidente do goberno, JOse Luis Rodríguez Zapatero, fala da súa relación extramatrimonial con Ana Botella. Que esteas aburrido da túa muller vale... pero isto...




Discover !

viernes, 20 de febrero de 2009

Si que houbo debate electoral.

Amigos e amigas... si que houbo debate electoral entre os 3 candidatos á Xunta de Galicia. Pero non na tele... que lles á vergoña... senón na radio... que é máis íntima. Os candidatos puideron elixir e elixiron o programa Estamos en crise. Catro bloques temáticos... máis o BNG cinco... (Chiste do guionista en prácticas).

Bloques temáticos: Ascenso do Celta. Drogas. Rock and Roll. Sexo.

Velaiquí o debate. Ao final. Si que houbo debate.


Discover !

jueves, 19 de febrero de 2009

Curso de manipulacion II

Segunda edición do curso de manipulación radiofónica impartido polo guionista en prácticas do Estamos en crise. O seu meticuloso traballo manipulador está recibindo unha morea de ofertas doutros medios de comunicación, así como partidos políticos. Está a valoralas todas. Mentres tanto, aquí deixamos unha mostra máis do seu bo facer.

1. En primeiro lugar, escoitamos ao ministro de Industria, Miguel Sebastián, instando aos cidadáns a que consumamos e invirtamos en produtos nosos.

2. En segundo lugar, o presidente do PP, Mariano Rajoy, en campaña por Galicia, apoia ao seu candidato, o señor Feijoo. Apóiao ao seu xeito.

3. En terceiro lugar, o señor Quintana reflexiona sobre a intelixencia do presidente Zapatero.

Estamos encrise. Podémolo facer mellor, pero para que intentalo!


Discover !

lunes, 16 de febrero de 2009

Losantos en Estamos en crise

O humorista metido a polémico locutor Fededico Jiménez Losantos é entrevistado no programa. Xa quixera o Quitero unha entrevista tan profunda e sentida...


Discover !

viernes, 13 de febrero de 2009

Estamos en crise. Programa 63: "Rockabilly Venres 13"

Estamos en crise programa 63: "Rockabilly en Venres 13"
13/02/09
Esta noite, de unha a tres da madrugada, volve Estamos en crise. Na noite de venres 13 celebraremos a noite rockabilly, tupé, gomina e botas de punta... con serras electricas... IMos dar máis medo que Rodolfo Chiquilicuatre.
Para celebrar a noite, virán ao programa Lou Reyes y Los Astros, un dos grupos rockabillys máis míticos. Ademais, tamén falaremos coa actriz, presentadora e cantante... Teté Delgado. Outra rockabilly en potencia que está a formar un novo grupo que aínda non ten nome. Se aceptan propostas.
Ademais, no primeiro día de campaña electoral. (iso si que mete medo e non o venres 13) LEvaremos a Anxo Quintana ao Clube da Comedia, entrevistaremos a Touriño dentro das entrevistas de promesas electorais... e saberemos como é o contrato que asinou Feijoo con Galicia.
E por se isto fose pouco, hoxe nova sección. Rachar por rachar. Para facerlle a competencia ao HAblar por Hablar.
E non nos esquecemos do San Valentín. A señora de la Vega, con motivo dese día, falará daquel ruxeruxe que a arrexuntaba coa xornalista Maria Escario.
Estamos en crise. Podémolo facer mellor, pero para que intentalo!