martes, 10 de febrero de 2009

Fernando Torres e a perruquería galega

Fernando Torres anuncia de novo a perruquería galega do seu amigo. Modelos de peiteados ben coñecidos.

jueves, 5 de febrero de 2009

Carta aos Reis Magos de Pepe Blanco.

Isto foi o que lle pediu aos reis magos o señor Pepe Blanco no Nadal pasado. Levaríanlle algún deles??



Discover !

martes, 3 de febrero de 2009

Curso de manipulación radiofónica I

O guionista en prácticas do Estamos en crise, entre ida e volta á cafetería a por cafés, entre visita e visita ao facebook, e entre pirateo de películas e pirateo de películas X, ten tempo de manipular declaracións de actualidade. O resultado é sorprendente, e terrorífico... e se un día collen e din o que ides escoitar? Perrooooo... un momento... non din cousas peores normalmente?

CV do guionista en prácticas. Comezou falsificando as notas de clase, foi compromisario de Ramón Calderón, e agora dedícase a falsificar os papeliños de "su turno" das charcuterías.

Primeira mostra.

1. Touriño, en plena botada por fóra campañil, anuncia que a tasa de paro en Galicia estará moitíiiiiisimo máis baixa ca no resto de España. Aínda así, tendo en conta como está agora, nin chegariamos ao pleno emprego.

2. Fraga sae do armario e confesa o seu nacionalismo.

3. Anxo Quintana dubida do nivel intelectual de Zapatero.

4. Núñez Feijoo explica os obxectivos do PP nestas eleccións.


Discover !

lunes, 2 de febrero de 2009

Estamos en krise, con K

Ola, aquí o blog do Estamos en crise da Radio Galega. A ver se o mantemos actualizado. A primeira pregunta é. Quen carallo nos colleu o c de crise, que tivemos que usar o K? En fin. A ver se atopamos alguén no programa que estea cualificado para escribir un par de liñas con algo de sentidiño. Saúdos e benvidos. E, si, tamén haberá camisolas do Caramuxo aquí. (Sabemos que é no segundo no que pensades todos ao longo do día...)

Estamos en crise. Podémolo facer mellor, pero para que intentalo!





Mentres, deixámosvos coa entrevista prohibida a Anxo Quintana, o vicepresidente fala castelán na intimidade. Exclusiva!!!!!


Discover !